LIBROS PARA SOÑAR ADIÁNTASE AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA VISITA ESTE VENRES DO ARTISTA VIGUÉS RAMÓN TRIGO
As actividades deste mes de maio contarán coa participación de varios colectivos da cidade
O
artista vigués Ramón Trigo será o invitado especial da sesión de
animación á lectura que celebrará este venres, a partir das 18:30 horas,
na libraría LIBROS PARA SOÑAR, co lema “As nosas letras, os nosos
contos”. Adiantándose ao Día das Letras Galegas, que se conmemora a
próxima semana, LIBROS PARA SOÑAR vai centrar o seu repertorio nos
contos de autores galegos; entre eles, o titulado “O pirata pata de
lata”, con texto do escritor de Cangas Xosé Manuel González ‘Oli’ e
ilustracións de Ramón Trigo. A participación de Ramón Trigo consistirá
nunha intervención artística, debuxando o personaxe deste libro
publicado por KALANDRAKA hai xa 17 anos, no mesmo ano de fundación da
editorial pontevedresa. Neste encontro, o ilustrador compartirá co
público infantil algunhas anécdotas do seu amplo percorrido artístico,
galardoado recentemente co Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración polo
seu último libro, “Leviatán”.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA ACTIVIDADE E O RESTO DA AXENDA DE MAIO,
NA NOTA ADXUNTA E NO BLOG DE LIBROS PARA SOÑAR.