19 de septiembre de 2022



A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) Sárdoma Moledo é unha asociación sen ánimo de lucro, integrada por nais, pais e titores/as legais de alumnos da escola CEIP Sárdoma-Moledo comprometidos coa mellora da educación do alumnado a través da participación na vida escolar da nosa comunidade.


AS NOSAS PRINCIPAIS FUNCIÓN S SON:

• Colaborar co proxecto educativo do Centro.

• Representa-las familias no Consello Escolar.

• Xestiona-las actividades extraescolares, o plan madruga, obradoiros para alumnado e familias, etc.

• Intercambiar ideas, experencias e buscar solucións ós problemas e necesidades do alumnado no centro.

• Informar, asesorar, apoiar, axudar, etc. ás familias en todo o relacionado coa educación do alumnado

• Solicitar axudas e subvencións para os proxectos e actividades do centro.

• Promove-la participación das familias do alumnado na xestión do centro.

• Cooperar con outras asociacións análogas.

• Organización de actividades e festas educativas e culturais.


¡ASÓCIATE!

Polo alumnado e para o alumnado. Xuntas, acadamos moito máis

6 de septiembre de 2022

AULA MATINAL 2022/2023

Dispoñible dende o primeiro día do curso escolar ata o último, en horario de 7:45 a 9:15 h. 

O alumnado pode levar o almorzo da casa (coa opción de quentalo no cole). 

Rutina diaria: chegada, xogos en grupo, rincóns de xoguetes e actividades para o seu entretemento (tanto en grupo como individuais). Algúns días organízanse saídas controladas en todo momento pola monitora ó parque que está ó lado da escola, para o cal deberedes asinar unha autorización.

As familias interesadas, deben contactar coa ANPA no local, a través do correo electrónico: anpasardomamoledo@gmail.com, ou no móbil 655 588 911.

Prezos:
  • Mes completo: 35€/mes
  • Quincena (seguida ou alterna): 25€/mes
  • Días soltos: 5€/día
* As familias non asociadas á ANPA terán un recargo sobre os prezos do servizo.
* Prezo con desconto para irmáns/irmás.

Para darvos de baixa neste servizo, debedes contactar coa ANPA antes do día 20 do mes anterior (para que non se vos pase o recibo do mes seguinte
en pe