Lembramos que hoxe comeza o ciclo de
conferencias Tempo de
seu: "Mulleres, historia e saúde
na 1ª Guerra Mundial" que organiza a Concellería de Igualdade durante
os días 4, 5, 6 e 7 de maio.
“Tempo de Seu” é un ciclo de
relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir
implica a adaptación dos seus corpos e as súas
continxencias.Obxectivos
· Prover de coñecementos saudables as
mulleres do noso contorno, dende un punto de vista intelectual e
físico.
· Axudar a comprender as competencias
actuais das mulleres cunha perspectiva histórica.
· Promover un espazo de intercambio
interxeracional entre mulleres.
Programa
.- Luns, 4 de maio ás 19:30h: “Mulleres na fronte e na retagarda”. Relatorio impartido por Oliva Blanco.
.- Martes, 5 de maio ás 19:30h: “Mulleres que contan: Sofía Casanova”. Relatorio impartido por Ángela Nantes.
.- Mércores, 6 de maio ás 19:30h: “100 anos do movemento internacional de mulleres en favor da paz”. Relatorio impartido por Elvira Landín.
.- Xoves, 7 de maio ás 19:30h: “A Gran Guerra como cambio na saúde sexual e reprodutiva das mulleres”. Relatorio impartido por Marta Bernárdez.
Máis información no programa adxunto (cartel en formato jpg e díptico en arquivo pdf)
Entrada libre ata completar aforo.
Lugar: Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2)