9 de mayo de 2015

Obradoiro para Nais e Pais A Ciberviolencia sexual na mocidade



O B R A D O I R O:

A CIBERVIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE

martes, 19 de maio de 2015 ás 17:30 h.
Dirixido ás Nais e aos Pais
Nos últimos anos as TICs, supoñen un cambio na maneira en que os rapaces e as rapazas novas se
comunican, se relacionan e interactúan entre sí, outorgando ao mundo virtual un espazo novo nas
súas vidas persoais.
Así, o uso das redes sociais está a converterse no primeiro medio empregado entre a mocidade para a
súa comunicación e o mal uso delas está xerando problemáticas novas e diversas de violencia sexual
principalmente contra as mozas.

OBXECTIVO :
Reflexionar, debater, entender e rexeitar a ciberviolencia sexual e o acoso que principalmente
sofren as rapazas nos entornos dixitais.

CONTIDOS :
➢  Identidade dixital. Redes sociais mais empregadas e erros mais comúns.
➢  Uso de dispositivos móbiles.Conexión permanente, inmediatez, grupos
de whatsapp e whatsapproblemas.
➢  Selfies, identidade, presión e influencia social. Que selfies atopamos e
qué valores podemos fomentar e educar.
➢  A violencia sexista nas redes: coñecela, entendela e previla.
➢  Coñecer  as  distintas  manifestacións  da  ciberviolencia  de  xénero:
Grooming, Sextorsión, Ciberbullyin, Ciberacoso Sexista, Control. Delitos e consecuencias legais
para centros de ensino e familias. Entender, coñecer e ensinar.
➢  Ser unha persoa adulta nas redes. Achegarnos á xuventude, entender e
acompañar,....é posible?.

RELATORA:
IANIRE ESTÉBANEZ CASTAÑO, psicóloga especialista en violencia de xénero na xuventude e autora do
blog e da web www.minoviomecontrola.com

ORGANIZA:                     Concellería de Igualdade (Teléf.: 986 810 284)
COLABORA:


FOANPAS
Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as

Data:         Martes, 19 de maio de 2015
Horario:     de 17:30 a 19:30 horas
Lugar:       Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación Camiño do Chouzo, número 2 (Vigo)
Inscricións previas a través de FOANPAS no T: 986 298 812
do enderezo electrónico: foanpas@foanpas.com
do enderezo electrónico: foanpas@foanpas.com