18 de octubre de 2013

Viaje a Cíes 22-6-2013

Para terminar o curso fixemos unha viaxe ás Illas Cíes onde pasamos un día estupendo neste paradisíaco paraxe

Para empezar fixemos unha camiñada até o alto do Principe onde gozamos das estupendas vistas que desde alí se aprecian.

Logo cada familia tivo tempo libre para gozar das marabillosas praias e gozar destas illas que están entre os mellores sitios do mundo.

As illas Cíes, pertencentes ao municipio de Vigo, forman un arquipélago situado na boca da ría do mesmo nome, nas Rías Baixas galegas, na Provincia de Pontevedra (España), formado por tres illas: Norte ou Monteagudo, Do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras atópanse unidas artificialmente por un dique e naturalmente polo areal da Praia de Rodas. Están orientadas segundo un sistema de fracturas paralelo á costa en dirección N-S. Distan aproximadamente 14,5 km da cidade de Vigo. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia creado en 2002.

En febreiro do ano 2007 o xornal británico 'The Guardian' elixiu a praia de Rodas como "a mellor praia do mundo".


VIAJE A CIES 22-6-13

Actividades varias

Topamos estas actividades que compartimos porque pensamos que poden ser de interés. Se estades interesados poñedevos en contacto co Anpa.




Programa Municipal de Educación Medioambiental



30 de septiembre de 2013

FOLGA XERAL DO ENSINO DÍA 24 DE OUTUBRO





Benvidos a un novo curso escolar.

Queremos informarvos das accións en contra da LOMCE (nova lei de educación) que se desenvolverán en datas próximas:
-   
      Sábado 28 de setembro de 2013: Marcha a Santiago convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

FOANPAS contratará un autobús para desprazarse á marcha que comenzará en Santiago ás 10.30 h. e rematará ás 12.30 h.
Todas as persoas que queiran asistir deberán comunicalo telefónicamente a FOANPAS (986298812).


-         Xoves, 24 de outubro de 2013: Folga xeral no ensino de alumnos/as, pais/nais e docentes convocada pola Plataforma Estatal pola Escola Pública: Esta folga será apoiada por FOANPAS, e quérese protestar contra a reforma educativa, a subida de tasas das matrículas universitarias e os “recortes” nas becas.


Un saúdo.

5 de septiembre de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013-14

Como imos dar comezo o novo curso escolar queremos informarlles que xa temos aberta a inscripción nas seguintes actividades:

* Baile Galego e Percusión.

Os prezos para estas actividades son os seguintes:

Baile galego de 4 a 7 anos ------> 25€/ano os socios do Anpa       30€/ano non socios
Baile galego de 8 anos e mais ---> 30€/ano os socios do Anpa       35€/ano non socios
Percusión -----------------------> 15€/ano os socios do Anpa       20€/ano nos socios


O pago desta actividade e Anual e farase cando entreguen os papeis da matricula no local do Anpa antes do día 26 de Septembro.

* Piscina de Lavadores.

Esta actividade dará comezo o primeiro día do mes de Outubro. Temos dous grupos un os Martes as 18.15h e outro os Venres as 17.30h. O grupo dos venres xa está pechado, non temos mais prazas dispoñibles. No grupo dos martes quedan poucas prazas, polo que si lles interesa poñanse en contacto canto antes no teléfono 658432554 (Paula).

O prezo desta actividade por cuatrimestre y págase en dous prazos: un ata o día 20 de Septembro y o outro ata o día 20 de Xaneiro.

Piscina ------> 29.60€/cuatrimestre os socios do Anpa          35€/cuatrimestre os non socios do Anpa.

Os pagos poden facerse nas oficinas do Anpa no horario de atención ou ben na conta corrente do Anpa 2080 5087 60 3040014074 poñendo o nome do neno e ACTIVIDADE PISCINA


18 de junio de 2013

Festa de fin de Curso da Escola de Baile Galego

Este pasado luns celebrouse no Concello de Vigo a Festa de fin de Curso da Escola de Baile Galego e os nosos nenos que reciben clases no cole acudiron a demostrar todo o que aprenderon durante este curso.

Como o clima non acompañou celebraron a actuación na praza interior do Concello pero estaba prevista a actuación para celebrarse fora na Praza do Rei.

Aquí tedes as fotos que fixeron alguns pais ese día.

Actuación Escuela de Baile Gallego fin de curso

Fin de curso da actividade de Piscina en Lavadores

O pasado día 30 de Maio foi o fin de curso na actividade de Piscina que estamos a levar a cabo en Lavadores.

Ese día fixeronlles entrega dos Cabaliños de cores os nenos e mais os diplomas de participación na actividade. Pasaronno moi ben xa que tiveron xogos especiais na auga.

Piscina 2012

Visita dos rapaces o centro Hípico La Muralla

Este pasado mes fixemos unha visita cos rapaces o Centro Hípico La Muralla onde poderon ver os cabalos, axudar a limpalos, e incluso montalos.

Fixemos dous grupos porque eran muitos os rapaces que quixeron ir.

Aquí tedes as fotos da experiencia.


Visita al centro Hipico La Muralla

Celebración da Primeira Festa dos Maios Anpa Sardoma Moledo

Aquí temos a entrada que estábades a esperar, a celebración da Festa dos Maios no cole.

Estuvemos acompañados polas Pandereteiras de Sárdoma e tivemos un día estupendo para desfrutar todos xuntos a preparar o Maio.

Tivemos comida, bebida, posto de artigos de segunda man de nenos, posto de artesanías feitas polos nenos de 6º para recaudar cartos para a excursión de fin de curso e un posto de artigos de cosmética.

Tamén fixemos xogos cos nenos que o pasaron de medo e entregamos o premio o gañador do concurso de debuxo da Festa dos Maios.

Aquí tedes o album coas fotos


Festa dos Maios 2013




5 de junio de 2013

Axudas Libros de texto para o curso 2013-2014 da Xunta

Aquí deixamos o documento con toda a información para acceder as axudas da Xunta de Galicia para mercar os libros de texto dos alumnos de Primaria.

Poden descargar os impresos a presentar neste enlace www.edu.xunta.es/web/axudaslibros

E aquí teñen o documento Información axudas libros


Veran Xove no Concello de Vigo

Aquí podedes atopar as actividades que teñen preparadas para este verán no concello de Vigo así como as bases para acceder a elas.

Esperamos as topedes de interés

Veran Xove Vigo 2013

23 de mayo de 2013

Educación para a Saúde - Almorzos Saudables na idade escolar

Este ano no colexio realizaron unha actividade que nos parece moi interesante e que pensamos que deberían extender aos demais cursos en próximas convocatorias.

Coa intención de que os nenos coñezan a importancia que ten o almorzo como primeira comida do día, e as variedades de tipos que hai e así poder facer unha alimentación agradable e adecuada.

Primeiro Día Almorzo Inglés:
Ovos
Bacón ou Xamón Cocido
Torradas ou pan de barra do día
Zume de cítricos: pomelo, laranxa, limón
Leite
Cacao

Segundo Día Almorzo Mediterráneo:
Tomates maduros
Aceite de Oliva
Pan de barra do día
Froita
Leite
Cacao

Os nenos pasárono moi ben e probaron de todo. Esta actividade a fixeron cos nenos do 1º curso de Primaria.

Aquí podedes ver algunhas fotos do segundo almorzo onde ademáis aproveitaron para ensinarlles a importancia do cepillado de dentes.





Campamentos Urbanos CC Travesía

Comprácenos informarlle dunha iniciativa que vai levar a cabo o Centro Comercial y de Lecer
TRAVESÍA nas súas instalacións, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das
famílias viguesas nos meses de verán.
Coñecedores das dificultades que con motivo das vacacións escolares de verán
encontran as familias, Travesía ha puesto en marcha a preinscripción no seu Campamento
Urbano de verán.
Este campamento infantil está dirixido a niñ@s de entre 4 e 11 años e levará a cabo de forma
semanal, cun programa lúdico, educo - deportivo e con cinco horas semanais de clases
en inglés. Travesía da man de profesionais do sector da educación, porá en marcha
a primeira edición dos Campamentos Urbanos de verán desde o próximo 25 de xuño
e até o 30 de agosto, en horario de mañás de luns a víernes (excepto festivos).
O prezo da inscrición por neno será de 56 €/semana e establecéronse descontos para
aquelas familias que teñan dúas ou máis fillos ao seu cargo. Para poder acceder ao Campamento,
será obrigatoria a inscrición previa, así como o pago das taxas correspondentes.
Está previsto tamén abrir unha cota máxima de inscricións diarias cuxo prazo de inscrición
abrirase unha vez comecen os Campamentos.
O Boletín de inscrición así como as características completas do Campamento Urbano atópanse á súa disposición nas oficinas de xerencia. Se necesita ampliar a información
pode porse en contacto connosco no teléfono 986277908


CAMPUS DE VERAN NO IFEVI



En este enlace poden descargar a ficha de inscripción para esta actividade Ficha de inscripcion completa

30 de abril de 2013

Axudas de libros e comedor do Concello de Vigo

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (SEGUNDA ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA CURSO 2013/2014

Prazo de presentación de solicitudes: 02/05/2013 ao 16/05/2013

 


Documentos de interese

Na pestaña de documentos tedes ademáis dos Estatutos as últimas circulares que enviamos dende a Anpa sobre a Festa dos Maios e o Concurso e a reserva da Piscina para o próximo Curso, así como a circular do Banco de Libros

Un saúdo


Próximas actividades da Anpa - PARTICIPA!!!



Estimados pais/nais/titores legais:

Aproveitamos para informarvos de 3 actividades propostas para compartir cos nosos fillos/as:

1ª Festa dos Maios o sábado 11 de maio no recinto escolar durante todo o día (12:00 horas ata as 18:00 horas).Os nenos/as farán un maio, faremos unha comida "campestre" e xogos infantís. Promovemos por primeira vez un "crecicling"; Mercadillo de productos infantís de segunda man a precios económicos (Consultade as bases deste proxecto e se queredes formar parte poñédemos en contacto con Silvia ou Begoña da Dirección da Anpa). Podedes consultar o programa, nos cartéis ou no blog da Anpa o que podedes acceder dende a web do centro.  Animádevos a participar nesta festa típica nosa co fin de promover e mellorar as relacións entre toda a comunidade educativa.

2. Visita guiada ó Centro Hípico "La Muralla" os días 27 e 31 de maio (dependendo da demanda) dende as 17 horas ata as 19 horas.O prezo por neno é de 5€ que teredes que ter desembolsados antes do 10 de maio (último día). Para levar a cabo esta actividade é preciso formar un grupo mínimo de 9-10 nenos/as. Parécenos unha experiencia positiva que cremos que lles fará moita ilusión e que lles dá a posibilidade de que os nosos nenos/as se relacionen co mundo animal e teñan contacto cos cabalos, poderán acariciar os animais, cepillalos, dar unha volta...Para o pago dirixirvos a Dirección da Anpa no Local.

3. .Viaxe a Cíes. Para celebrar o remate do curso temos a posibilidade de acercarnos ata este espazo natural fomentando a convivencia entre as familias do Colexio. O prezo é de 10€ socios da Anpa e 15€ as persoas que non sexan socios. Día 22 de xuño. A data límite para confirmar a asistencia e entregar o diñeiro o día 30 de Mayo. ¡Animádevos, Haberá animación no Barco!.

Para calquera dúbida consultádea coa Dirección da Anpa. Gracias pola vosa colaboración.

1ª ROMERIA DOS MAIOS ANPA SARDOMA MOLEDO 11 DE MAYO 2013




Este ano imos celebrar a primeira Romería Dos Maios do Anpa Sardoma Moledo que será o día 11 de Maio no recinto do colexio. A continuación deixamos un pouco de información sobre esta festa tradicional así como o programa da festa, información do concurso e a información do Crecicling que celebraremos tamen o mesmo día.




23 de abril de 2013

CAMPAMENTOS URBANOS 2013 DEPUTACION DE PONTEVEDRA

Diputación de Pontevedra Informa: CAMPAMENTOS URBANOS 2013
·         Plazo de inscripción: desde el 1 de mayo hasta el 15 de junio

19 de abril de 2013

CRECICLING

CRECICLING


Celebramos o "Primeiro Crecicling" no noso colexio.

19 de marzo de 2013

Ayudas para participar en el Programa de Inmersión lingüística en colonias de verano en inglés. Convocatoria 2013

Datos generales:

  • Descripción:
    Asistencia a colonias en las que se trabajarán prioritariamente los aspectos orales del aprendizaje de la lengua inglesa, a través de actividades lúdicas y deportivas en instalaciones situadas en distintos puntos de la geografía española, en territorio peninsular.
  • Destinatarios:
    Alumnos de 5º y 6º de Educación Primaria y 1º de ESO matriculados en centros educativos españoles sostenidos con fondos públicos en el curso 2012/2013.
  • Nº de becas: 
    2.200
  • Requisitos:
    a) Podrá optar a estas ayudas el alumnado que en el presente curso 2012/2013 esté matriculado en centros sostenidos con fondos públicos, en alguno de los cursos mencionados a continuación:
    • Quinto curso de Enseñanza Primaria
    • Sexto curso de Enseñanza Primaria
    • Primer curso de Enseñanza Secundaria Obligatoria
    b) La edad de los participantes no podrá superar los 13 años a fecha 31 de diciembre de 2013.
    c) Haber obtenido como nota media del curso 2011-2012 notable en la asignatura de inglés y notable como nota media del curso 2011-2012.
    d) No haber sido beneficiario de la ayuda en convocatorias anteriores.
  • Dotación:
    Participación en la actividad.
  • Duración:
    Dos semanas.
  • Plazo de presentación
    • Desde: 19 de marzo de 2013
    • Hasta: 15 de abril de 2013
    • Plazo de presentación abierto
  • ¿Cómo realizarlo?:
    Registrarse para rellenar la solicitud, imprimirla para que el colegio certifique los datos requeridos y enviarla a la dirección indicada en la convocatoria.
  • Destino:
    Instalaciones en distintos puntos de la geografía española en territorio peninsular.
  • Proceso de selección:
    Selección por requisitos establecidos en la convocatoria:
    • Primer criterio: Se ordenará a los alumnos en función de la nota media obtenida en el curso 2011/2012.
    • Segundo criterio: La nota del curso 2011-2012 en la asignatura de inglés.
    • Tercer criterio: En el caso de que se produjeran empates utilizando los criterios anteriores, éstos se resolverán atendiendo al criterio de mayor edad en función de la fecha de nacimiento del alumno solicitante.

Convocatoria:

Solicitud:

  • Instrucciones:
    Palabras claves para el acceso vía WEB: Becas, Idiomas, Ingles, Colonias.
  • Documentación requerida:
    Impreso de solicitud cumplimentado y sellado por el centro educativo si se presenta sin certificado digital. Si se presenta con certificado digital anexar plantilla pdf cumplimentada y sellada por el centro educativo.
  • Lugar de entrega:
    • Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial
      C/ Los Madrazo, 15 Registro
      28014  Madrid
  • Renovaciones:
    Las bajas se cubrirán con alumnos en lista de espera.

Resoluciones:

  • Más información:
    Con posterioridad a la celebración de las actividades, las relaciones del alumnado participante y, por tanto, beneficiario de ayuda se harán públicas en la página web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Más información sobre este trámite o servicio:

  • Promotores:
    Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa.

  • Teléfono:
    913277681
  • Dirección de correo:


    Información obtenida de: http://www.mecd.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/beca-colonias-verano.html

15 de marzo de 2013

Ecuela de Rugby




Para máis información:
· www.vigorugby.com


FESTAS DE SAN JOSE DE LA GUIA

Esta semana celébranse as festas de San José da Guia e deixáronnos o programa de festas por se queremos levar aos nosos fillos.








O recuadro que está máis claro e non se le ten as actividades para o mércores 20 de Marzo: Torneo de Brilé

17.30 Benxamín (2º-3º e 4º EP 7-8-9 anos)
18.00 Alevín (5º e 6º EP 10-11 anos)
18.30 Infantil (1º e 2º ESO 12-13 anos)
19.00 Cadete (3º e 4º ESO 14-15 anos)
19.30 Nais e Pais


Anomádevos a participar



7 de marzo de 2013

Banco de libros

Hemos actualizado las normas para el banco de libros, os dejamos el documento adjunto para que le echen un vistazo

Banco de libros

2 de marzo de 2013

Campamentos de A Lanzada - Deputación de Pontevedra



BASES DOS CAMPAMENTOS “A LANZADA” PARA O ANO 2013

A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:
  • Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
  • Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
  • Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
  • Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
  • Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
  • Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
  • Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
  • Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
  • Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
  • Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
  • Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro
A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.

SOLICITUDES

Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.

Impresos
Solicitude e folla de inscrición.

Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda.
Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.
As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.
Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.
Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).

Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.

Prazos
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 5 de abril.
Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 29 de abril ó 3 de maio.
Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 24 de maio.
Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.

Prezo
O prezo será de 68 € por neno.
No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).


ADXUDICACIÓNS

Cobertura das prazas
As prazas cubriranse mediante sorteo nas distintas quendas; asígnanse 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105…
Daráselles prioridade no sorteo ós participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado.
A cota por concellos, é dicir, as prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), establécese de acordo co seguinte reparto:





Parámetros de poboación
Maior ou igual a (habitantes)
Menor a (habitantes)
Prazas
0
3.000
10
3.000
5.000
20
5.000
10.000
25
10.000
20.000
30
20.000
30.000
55
30.000
35.000
80
35.000
80.000
100
80.000
200.000
200
200.000

300

Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo.

Lista de espera
As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera, tendo en conta que a baixa dun neno cubrirase con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena.
Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ó seguinte da lista.
Na lista de espera non se terá en conta a cota correspondente a cada Concello.
As renuncias non se incluirán na lista de espera.
Contactarase cos suplentes por teléfono ou SMS desde a Deputación.
Unha vez aceptada a praza presentarán o pagamento nun prazo de 48 horas. En caso contrario a praza seralle ofertada ó seguinte da lista de espera.

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR
-          Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
-          Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia
-          Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
-          Certificado ou volante de empadroamento

DEVOLUCIÓN DE COTAS
Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante un modelo normalizado, polo menos 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos).
Aquelas solicitudes de devolución de cotas que non se presenten tal e como se reflicte anteriormente serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue.
Motivos de devolución:
-          Enfermidade, accidente…, co correspondente xustificante médico
-          Admisión noutra actividade nas mesmas datas, xuntando o pagamento

INCORPORACIÓN ÓS CAMPAMENTOS
A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas.
No suposto de que o participante abandone a actividade ou sexa expulsado será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.



OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS
  1. Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
  2. Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
  3. Respectar as normas establecidas polos equipos de animación.
  4. A praza é intransferible.

SORTEO
  1. Cota por concellos.
Prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), tal e como se específica nas bases.
  1. 100 nenos / 100 nenas por quenda. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco.
  2. Trinta prazas reservadas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos.
  3. Preferencia no sorteo para aqueles participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado (2012).
  4. Cando os nenos obteñan praza (por primeira vez no campamento) e teñan irmáns, estes tamén obterán praza na mesma quenda, aínda que xa fosen o ano pasado.
  5. Sorteo por quendas.



SedeVigo - Información

Información e Rexistro
Sede de Vigo
Calle Oporto, 3
36201 VIGO - ES
Tlf.:+34 986 804 100