13 de octubre de 2014

A casa do Avó


Taller Adolescencia


Estimados/as Compañeiros/as,

FOANPAS ofrece un taller gratuíto dirixido ás nais e pais de alumnos/as
dos centros de ensino público de Educación Primaria e Secundaria de
Vigo.

“SOBREVIVIR Á ADOLESCENCIA”

Estará impartido por Mili Esteban, psicóloga experta en coaching e intelixencia emocional.
Nel daranse pautas para establecer unha comunicación eficaz, para a adquisición de ferramentas para a empatía e formación en habilidades e resolución de conflictos.

O taller terá lugar o LUNS 27 de OUTUBRO e o MARTES 28 de OUTUBRO, de 17:00 a 20:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro no que está escolarizado o/a neno/a). Ata o 21 de
Outubro. Prazas limitadas!!


Un saúdo.

Curso de Cociña creativa


A Deputación de Pontevedra informa: prazas vacantes no curso de Cociña Creativa na A. VV. de San Xurxo de Saiáns, Vigo


·         Actividade: curso de Cociña Creativa
·         Lugar de realización: local da A. VV. de San Xurxo de Saiáns, Vigo
·         Día: os venres a partir do 17 de outubro
·         Horario: de 17.00 a 20.00 h
·         Tel. de información: 986 491 918 (de 9.30 a 14.00 h e de 16.00 a 19.30 h)

9 de octubre de 2014

Calendario escolar

Aquí tedes o calendario escolar para este curso 2014-2015


8 de octubre de 2014

Contacontos para nenos na libreria Kalandraka

Contacontos para nenos e contos para adultos. Unha maneira de que os nosos pequenos collan o habito da lectura

6 de octubre de 2014

1, 2, 3 A nadar

Este venres inauguramos a tempada de natación escolar cos nenos do cole. Este ano somos un bo grupo 21 nenos o venres e 13 nenos o martes. Esperamos pronto poder ter máis prazas para outros días na semana.

Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ven que o pasan e o contentos que van

 


Rutas de sendeirismo

Aquí vos deixamos unha información sobre rutas de Sendeirismo por si vos interesa