14 de mayo de 2015

Novo videoconto da Familia Trebón/O Mercadiño

Bos días,

Xa tedes á vosa disposición un novo capítulo da serie de videocontos da Familia Trebón. Nesta ocasión leva por título “O Mercadiño” https://vimeo.com/127255801; www.cadernoverde.com.

Os nosos amigos visitan un mercado de oportunidades no que a xente intercambia cousas que xa non usa. Lucas e Vito van compartir un clásico da literatura de aventuras: A illa do tesouro. Lilia atopou un balón. E Anselmo, o Can Antenas e o Gato Evaristo decantáronse por instrumentos musicais. Queren formar un grupo. O problema é que non saben tocar ….

Agardamos que vos guste.

Unha aperta,

Teri