18 de octubre de 2013

Viaje a Cíes 22-6-2013

Para terminar o curso fixemos unha viaxe ás Illas Cíes onde pasamos un día estupendo neste paradisíaco paraxe

Para empezar fixemos unha camiñada até o alto do Principe onde gozamos das estupendas vistas que desde alí se aprecian.

Logo cada familia tivo tempo libre para gozar das marabillosas praias e gozar destas illas que están entre os mellores sitios do mundo.

As illas Cíes, pertencentes ao municipio de Vigo, forman un arquipélago situado na boca da ría do mesmo nome, nas Rías Baixas galegas, na Provincia de Pontevedra (España), formado por tres illas: Norte ou Monteagudo, Do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras atópanse unidas artificialmente por un dique e naturalmente polo areal da Praia de Rodas. Están orientadas segundo un sistema de fracturas paralelo á costa en dirección N-S. Distan aproximadamente 14,5 km da cidade de Vigo. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia creado en 2002.

En febreiro do ano 2007 o xornal británico 'The Guardian' elixiu a praia de Rodas como "a mellor praia do mundo".


VIAJE A CIES 22-6-13

Actividades varias

Topamos estas actividades que compartimos porque pensamos que poden ser de interés. Se estades interesados poñedevos en contacto co Anpa.




Programa Municipal de Educación Medioambiental