27 de enero de 2016

 DO ÚLTIMO QUE FIXEMOS...

XOVES 3 DE DECEMBRO.
...Celebramos o día do voluntariado internacional
Queremos amosar aos nen@s que hai xente que de forma altruísta e desinteresada cede o seu tempo para axudar os demáis...

Tivemos a sorte de contar coa cruz vermella e cunha protectora de animáis.

Aquí tedes o enlace para ver as fotos.

PARTICIPAMOS NO FESTIVAL DO NADAL 
...Un ano máis Anpa colaborou no Festival do Nadal ...facer comprender os máis cativ@s que hai cousas que non son materiáis que pode facernos tan ou máis, feliz cos agasallos...unha visita do meu curmán, un día cos meus avós...todo isto nas cápsulas dos desexos...que a nosa porteadora levará..Alegría, Ledicia, Happy...

Podedes acceder as imaxes do personaxe deste ano...

CHEGOU UN ANO MÁIS A LIGA DE NATACIÓN.
Unha maneira de fomentar unha vida sana é a través do deportes...fomentamos eses hábitos saudables...e tamén o instinto de superación.
Aquí están as fotos pegándose os chapuzóns...

E POR ÚLTIMO O XOVES 21 DE XANEIRO  O DÍA DEDICADO ÓS AVÓS
Esta dedicatoria os avós que moitas veces nos axudan a conciliar familia e traballo, e tamén, recoñecerlles que tamén forman parte na educación dos nos@s fill@s.

Aquí tedes esas imaxes ternas, e cariñosas.