Actividades extraescolares

As actividades extraescolares, ademáis de ser un complemento educativo, son necesarias para o mantemento do actual horario lectivo. Agradécese a participación e colaboración para un bo funcionamento destas actividades.


Neste curso 2022-23 desenvólvense na escola en horario de 15:30 a 16:20 h (excepto a actividade de natación escolar, xestionada polo Concello de Vigo, que se desenvolve na piscina de Lavadores, martes e mércores de 18:15 a 19 h e venres de 17:30 a 18:15 h). 



* O custo da licenza de Tenis é de: 23 € anuais, no caso de que sexa o primeiro ano de licenza: 15 € anuais


Os prezos do cadro son para as familias socias
. Podedes contactar connosco para novas altas na ANPA.

As actividades resaltadas en amarelo, están indicadas para todas as idades. A maiores patinaxe está indicada a partir dos 5 anos. O resto están enfocadas para maiores de 6 anos. 

IMPORTANTE: Para poder inscribirse a calquera das actividades, a cuota de familia asociada debe estar paga e non ter débedas pendentes do curso anterior (a cuota é de 15 € anuais por familia a ingresar á ANPA indicando curso e nome da/o alumna/o).  

Non esquenzades realizar o pago da/s cuota/s correspondente/s indicando a/s actividade/s e o nome e apelidos da/o alumna/o.

 Natación escolar, actividade xestionada polo Concello, realizaránse dous pagos cadrimestrais de 31€. O primeiro cadrimestre debe ser ingresado á ANPA antes do 22 de setembro na conta de ABANCA ES43 2080 5087 6030 4001 4074.

 Os pagos do resto de actividades deben ser realizados, antes do día 5 do mes en curso, ás entidades organizadoras e indicando sempre o mes , nome do cativo e colexio
— Tenis Samil solicita cubrir un formulario con datos e realiza cargo na conta bancaria que facilitedes.
— Fútbol, na conta ES64 2080 5087 6230 4000 0891 do Moledo CF.
Ioga, Patinaxe e Ximnasia rítmica, na conta ES70 2080 5043 9930 4002 6972 de Koremi.

As novas altas (e baixas) en natación escolar só serán aceptadas nos meses de setembro e xaneiro. Se é a primeira vez que a persoa interesada participa nesta actividade, debe cubrir e entregar en tempo o formulario de alta.

No resto de actividades, o alumnado poderáse dar de alta ou baixa calquer mes, avisando con antelación.


BAIXA NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Se alguén xa non desexa asistir á/s actividade/s na/s que está inscrito, pode solicitarse a baixa temporal o total, pero é imprescindible entregar cuberto o formulario de baixa (pode ser enviado por correo electrónico ou entregado no local da ANPA).
As baixas das actividades deberán ser tramitadas antes do día 20 do mes anterior (de non ser así, cobraráse o mes enteiro ainda que a/o alumna/o non asista á/s actividade/s).

Descargar formulario de baixa