9 de mayo de 2015

Charla sobre a reválida de 3º

Estimados/as Compañeiros/as,

FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.

“AS REVÁLIDAS DA LOMCE: QUE NOS ESPERA?”

Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino da cidade (UGT, CCOO, CIG e STEG).
Nela explicarase en que consiste a reválida, facendo fincapé na reválida de 3º curso de educación primaria por ter lugar neste mes, e cales son as razóns que xustifican o seu rexeitamento.

A charla terá lugar o MÉRCORES 13 de MAIO ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 6 de maio.

Pregamos difundades esta información entre as nais e os pais do voso centro, especialmente aos/ás que teñen fillos/as no 3º curso de primaria (xa que son os que teñen que facer os exames da reválida a finais de maio) para que poidan asistir. Contamos con vós!

Agardamos sexa do voso interese.