27 de febrero de 2015

Comparsa de Carnaval do Anpa

Como o ano pasado este ano estivemos a realizar unha comparsa de carnaval do Anpa. Con ela participamos na festa de Carnaval do cole y máis no concurso de comparsas de Bembrive.

Deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos

Campamentos polideportivos

A Deputación de Pontevedra informa: CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS


Os campamentos polideportivos no Centro Príncipe Felipe están destinados ós nenos nacidos entre os anos 2001 e 2008, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
O campamento incorpora actividades lúdicas, coma saídas ó medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas ou obradoiros.


 Nesta páxina tedes toda a información así como as fichas de inscripción e solicitude de prazas

Campamentos A Lanzada - Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra informa: CAMPAMENTOS A LANZADA

Os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada son un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes e xogos, entre outras.  A estes campamentos pódense anotar os rapaces nacidos entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.


 
 Nesta páxina tedes toda a información e as fichas de inscripción e solicitude de prazas

Xadrez Galego

Estimados/as compañeiros/as,

Xadrez Galego, Centro Internacional de Xadrez con sede en Vigo, convida aos/ás alumnos/as dos centros de ensino público a recibir as regras xerais e a xogar ao xadrez no Real Club Náutico de Vigo todos os sábados ata o 28 de marzo, dende as 17:00 h ata as 19:30 horas.

Poderán observar aos distintos equipos participantes na Liga Galega de Xadrez (o da Universidade de Vigo incluído) e aprender a xogar ao xadrez cunha monitora posta a disposición dos/as nenos/as que non compiten.

18 de febrero de 2015

XIII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIIIXornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: ?Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.


Lembrámoslles que o próximo sábado 21 de febreiro terá lugar en Santiago de Compostela a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones dirixida a nais e pais e as súas fillas e fillos.

O prazo de inscrición remata o xoves 19 de febreiro, non obstante admitiranse inscricións ata completar o número de prazas dispoñibles durante o venres.


Programa Protego

Enviamos información do PROGRAMA PROTEGO dirixido ás familias de nenos/as de entre 8 e 14 anos. A finalidade deste programa é mellorar as habilidades sociais dos/as pais/nais, establecer vínculos entre pais/nais-fillos/as e previr o consumo de sustancias aditivas.

Precísase a colaboración de familias implicadas. No documento axunto recóllese toda a información así como os contactos das persoas responsables.



Charla dislexia

Estimados/as Compañeiros/as,

FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.

“DIFICULTADES DE APRENDIZAXE: A DISLEXIA”

Estará impartida por Raquel Escobar, logopeda especialista en dificultades na linguaxe, como é a dislexia.
Nela tratarase este trastorno na aprendizaxe da lecto-escritura (que é, como se traballa cun/ha neno/a con dislexia, etc.).

A charla terá lugar o MARTES 24 de FEBREIRO ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 23 de febreiro.
Pregamos difundades esta información entre as nais e os pais do voso centro para que poidan asistir. Contamos con vós!

Agardamos sexa do voso interese.


3 de febrero de 2015

Campamentos bilingües y de aventura desde 125€


Nubra ofrece una última oportunidad para campamentos bilingües y de aventura
a precios increíbles: 3 días  en el Balneario de Ledesma (Salamanca) por sólo  125 €.
En el archivo adjunto tienen toda la información o pinchando en el siguiente enlace:
http://www.nubra.es/programas-para-centros-educativos/wake-up/nuevo-destino-ledesma-salamanca/

En caso de estar interesados/as, póngase en contacto para reservar fechas.
Para cualquier consulta, estamos a su disposición.
Un saludo,
 
Ángel Cobo Vidal
GESTIÓN DE PROGRAMAS

NUBRA
Educación y Aventura
Tlf. 987.106.365
www.nubra.es

Tedes o documento con información neste enlace Información

Exposición de pintura de Carlos AG - Un terron de sal

A Deputación de Pontevedra informa: exposición de pintura "UN TERRÓN DE SAL" de CARLOS AG

Do 2 ó 13 de Febreiro de 2015 na sede de Vigo e no horario de 9 a 14 e de 17 a 20h