3 de junio de 2015

Comida protesta NON AO DECRETO DE COMEDORES 13-6-15

FOANPAS convoca á comunidade educativa do ensino público (nais, pais, mestres/as, direccións…) a unha comida familiar en contra do actual Decreto de comedores, por ser inxusto e crear desigualdade.
Comeremos alí, ao estilo cámping con mesas, sillas e comida (empanada, tortilla…). NON se levará TUPPER.

Cando: SÁBADO 13 DE XUÑO
A que hora: dende as 13:00 ata as 17:00
Onde: PRAZA DA ESTRELA (onde o edificio da Xunta)

Faremos actos reivindicativos. Se queredes aportar ideas contactade con nós no correo foanpas@foanpas.com

DIFUNDIDE ESTA INFORMACIÓN ENTRE AS FAMILIAS DO VOSO CENTRO.

Grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
A Xunta Directiva.