A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa que durante os días, 24 e
25 de abril, organiza as xornadas
formativas: "O contexto educativo.Clave
para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade"
Esta acción enmárcase no programa
"Irene" de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e
adolescencia que o Concello de Vigo ten conveniado co Instituto da Muller para o
período 2014/2015.
Especialmente dirixidas (aínda que non exclusivamente)
para profesionais do ensino, servizos sociais, anpas...Programa adxunto en
formato pdf e jpg
As prazas son limitadas e concederanse por orde de
inscrición.
As persoas interesadas en asistir deberán enviar a folla de
inscrición, ou os datos que se piden nela, a través do fax núm. 986 430 082 ou
ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org