30 de abril de 2015

Que queremos as Anpas

Estimados Compañeiras/os:

Como xa sabedes, estamos a traballar  a reo, en defensa do ensino público, dende a Confederación ANPAS GALEGAS, da cal formamos parte xunto con FERROL – SANTIAGO,  LUGO,  COSTA DA MORTE, VAL MIÑOR, PONTEAREAS e CANGAS.

Achegamos documento de “QUE QUEREMOS AS ANPAS QUE FAGA O CONCELLO EN MATERIA EDUCATIVA”.

Tamén lembramos o enderezo do blog de Anpas Galega : www.anpasgalegas.org

Tamén vos comentamos que na xuntanza da directiva de ANPAS GALEGAS celebrada o día 10 de Abril, acordamos:

1º) Presentar alegacións ó borrador do decreto de Secundaria e Bacharelato. Tamén decidimos por unanimidade, presentar unha enmenda á totalidade, baseándonos no rexeitamento da Confederación á LOMCE, polo cal todo o que desenvolva a LOMCE, terá tamén o noso rexeitamento.

2º) No tocante á postura sobre o finanzamento dos centros educativos, a postura da Confederación é clara: Rexeitamento total.

3º) Redactar unha carta ó Sr. Conselleiro pedindo a gratuidade dos libros de texto.

4º) Con respecto á participación nos Consellos Galegos – Xuntanza Confaga: Pedir a tódalas ANPAS unha certificación das Asambleas onde apoien que a Confederación ANPAS GALEGAS terá a súa representatividade.

5º) Trala petición do BNG de participar no seu acto “O Parlamento é do pobo” e ante a negativa de FOANPAS, abriuse un debate sobre a conveniencia, ou non, de participar en actos organizados por partidos políticos, acordándose incluir este tema na orde do día da vindeira xuntanza, para chegar a un acordo sobre este asunto.

Un saúdo,

Deixamos os enlaces os documentos da confederación de Anpas