30 de abril de 2015

Charla Anorexia e Bulimia

FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria de Vigo:

“PREVENCIÓN NOS TRASTORNOS DO COMPORTAMENTO ALIMENTARIO”


Estará impartida por Marián García Míguez, psicóloga da Asociación de Anorexia e Bulimia de Pontevedra (ABAP).

Nela trataranse aspectos como os hábitos de alimentación, o ideal de beleza de hoxe en día, a influencia que este ten sobre os/as nenos/as, a presión sociocultural por adelgazar, análise da industria do adelgazamento, as modas….

A charla terá lugar o XOVES 21 de MAIO ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 20 de maio.