14 de abril de 2015

Faladoiro 16 de Abril

Estimados/as pais/nais:

Iniciamos os faladoiros no que se tratou e tocaron moitos e diferentes temas sobre a educación d@s fill@s e do que vos enviamos conxuntamente a este escrito tanto o guión como unha presentación ilustrada sobre ditos temas.

Consideramos que a experiencia foi positiva e queremos seguir traballando nesta liña, xa que con estes faladoiros perseguimos entre outros, varios obxectivos como:

a) Un achegamento das Anpas a Foanpas.
b) Facer postas en común de problemas xenéricos ou particulares.
d) Plantexar posibles alternativas ou solucións ós problemas.
e) Compartir coñecementos e experiencias.
f) Debater diferentes temas ou cuestións referente á educación d@s nos@s fill@s.
f) Coñecernos entre nos.

Dos temas tratados, e doutros que poidan xurdir imos profundizar nos seguintes faladoiros. Por iso vos animamos a que ben, a través da Anpa, ou ben a título persoal debatades ou faledes o seguinte tema para o seguinte faladoiro: CONCILIACIÓN VIDA FAMILIAR E LABORAL. Cuestións como :

1. Normativa ou lexislación: ¿Hai normativa ó respecto? ¿Coñecémola? ¿É suficiente? ¿É coherente coa realidade das familias? ¿Aplícase? ¿Qué podemos ou debemos esixir?
2. Vacacións escolares: ¿Cómo se distribúen? ¿Cómo solucionamos o coidado d@s fill@s?
3. Xornada escolar - laboral: Horario do colexio ¿É suficiente? ¿Adáptase o laboral? ¿Cánto tempo votan @s nen@s no centro educativo?, ¿ e coas familias?
4. Servizos ofertados polo colexio: ¿Quén os xestiona e quén debería? ¿Son suficientes? ¿Qué custe lle supón as familias? ¿Qué debemos demandar?
5. Tempo para @s fill@s : ¿Cánto lles adicamos?, ¿É suficiente? , ¿É de calidade?
6. ¿Quén concilia?: ¿Hai igualdade a hora de conciliar entre os pais e as nais?

Convocámosvos ao vindeiro faladoiro que será o XOVES 16 de ABRIL ás 18:00 horas no IME. O fin é ir facendo unha posta conxunta e ir marcándonos obxectivos que como nais/pais deberíamos CONSEGUIR, RECLAMAR E SOLICITAR. Se queremos cambiar cousas teremos que empezar a dar pasos. Lembrade que Foanpas, é o lugar onde tod@s estades representad@s e onde nos unimos, xa que indo xuntos sempre conseguiremos máis.

Animádevos a participar e vémonos no próximo faladoiro.

FOAMPAS

Adxuntamos documento informativo