30 de abril de 2013

Próximas actividades da Anpa - PARTICIPA!!!



Estimados pais/nais/titores legais:

Aproveitamos para informarvos de 3 actividades propostas para compartir cos nosos fillos/as:

1ª Festa dos Maios o sábado 11 de maio no recinto escolar durante todo o día (12:00 horas ata as 18:00 horas).Os nenos/as farán un maio, faremos unha comida "campestre" e xogos infantís. Promovemos por primeira vez un "crecicling"; Mercadillo de productos infantís de segunda man a precios económicos (Consultade as bases deste proxecto e se queredes formar parte poñédemos en contacto con Silvia ou Begoña da Dirección da Anpa). Podedes consultar o programa, nos cartéis ou no blog da Anpa o que podedes acceder dende a web do centro.  Animádevos a participar nesta festa típica nosa co fin de promover e mellorar as relacións entre toda a comunidade educativa.

2. Visita guiada ó Centro Hípico "La Muralla" os días 27 e 31 de maio (dependendo da demanda) dende as 17 horas ata as 19 horas.O prezo por neno é de 5€ que teredes que ter desembolsados antes do 10 de maio (último día). Para levar a cabo esta actividade é preciso formar un grupo mínimo de 9-10 nenos/as. Parécenos unha experiencia positiva que cremos que lles fará moita ilusión e que lles dá a posibilidade de que os nosos nenos/as se relacionen co mundo animal e teñan contacto cos cabalos, poderán acariciar os animais, cepillalos, dar unha volta...Para o pago dirixirvos a Dirección da Anpa no Local.

3. .Viaxe a Cíes. Para celebrar o remate do curso temos a posibilidade de acercarnos ata este espazo natural fomentando a convivencia entre as familias do Colexio. O prezo é de 10€ socios da Anpa e 15€ as persoas que non sexan socios. Día 22 de xuño. A data límite para confirmar a asistencia e entregar o diñeiro o día 30 de Mayo. ¡Animádevos, Haberá animación no Barco!.

Para calquera dúbida consultádea coa Dirección da Anpa. Gracias pola vosa colaboración.