30 de abril de 2013

Axudas de libros e comedor do Concello de Vigo

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (SEGUNDA ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA CURSO 2013/2014

Prazo de presentación de solicitudes: 02/05/2013 ao 16/05/2013

 


 
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE  CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (SEGUNDA ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA, DO CONCELLO DE VIGO, CURSO 2013/2014.



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Constitución española, no seu artigo 39, considera a obrigatoriedade dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

A Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local, no seu artigo 25.2.k e a Lei 5/1997, de administración local de Galicia, no seu artigo 80.2.k, establecen a competencia dos municipios na prestación de servizos sociais e de promoción e inserción social.

Pola súa parte, o Estatuto de Autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no campo da protección da familia, infancia e adolescencia, nos títulos de competencia xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario (artigo 27).

A Lei 13/2008, do 3 de decembro de 2008 atribúe aos concellos, entre outras competencias, a creación e xestión dos servizos sociais de atención primaria ( servizos de atención comunitaria na nova Lei). Do mesmo xeito, determinase en ambas leis que as administracións poderán conceder axudas económicas para apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir un mínimo de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, garante a protección total da familia, en especial a das familias valoradas de especial consideración, ás que se lles asegura un trato preferente, entre otros, nos ámbitos educativos, de vivenda, da cultura, das novas tecnoloxías

O artigo 8 da citada Lei 3/2011, atribúe competencias aos municipios para a execución de programas e proxectos destinados á atención das familias.

O proxecto de axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor leva facéndose no Concello de Vigo hai mais de vinte anos, observándose un crecemento tanto na demanda coma no seu orzamento. Van destiñadas a alumnos/as matriculados en centros docentes públicos e privados concertados, empadroados/as e pertencentes a unidades familiares en situacións de escasos recursos económicos.

Por todo isto convocase a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor, no marco xurídico definido da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os preceptos básicos da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

PRIMEIRA.- Obxecto e finalidade

É obxecto da presente convocatoria regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (segunda etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso 2013-2014.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e que teñan dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

Os programas subvencionables serán:

1.      Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
2.      Axudas para comedores escolares  (setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

O fin último das subvencións  é o de favorecer a integración socio laboral dos pais, nais, titores ou acolledores, apoiando a unidade familiar que, por escasez de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

SEGUNDA.- Contía

A contía da presente convocatoria ascende a un total de 992.000 € para o curso 2013-2014 e satisfarase con cargo á partida 2310.4810000 distribuidas nas seguintes anualidades

    ano 2013: 445.000 €, dos que 80.000 € destinaranse as axudas de libros e material escolar (educación infantil 2ª etapa) e 365.000 € a axudas de comedor
    ano 2014: 547.000 € para axudas de comedor.

TERCEIRA.- Publicidade e prazo

A publicación das presentes bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios do Concello, nas Unidades de Traballo Social (UTS) e na páxina de internet www.vigo.org. Anunciarase, igualmente, no Boletín Oficial da Provincia as bases, así como o prazo de presentación de solicitudes, que será reiterada por medio de anuncio na prensa local.

O prazo de presentación de solicitudes fixase do 2 ao  16 de maio de 2013, ambos inclusive.

As axudas que se concedan a través desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e das UTS, con expresión do alumno/solicitante/expediente/colexio/finalidade da subvención (libros, material escolar ou comedor) e a resolución recaída (concedida-denegada ou lista de agarda).

CUARTA.- Beneficiarios

O programa para comedores escolares da presente convocatoria engloba dous tipos de persoas beneficiarias, agrupados nas modalidades A e B que deben reunir os requisitos que se sinalan:

Modalidade A.- Por convocatoria ordinaria, reunindo os requisitos establecidos na base sexta

Modalidade B.- Con carácter excepcional, co fín de dar protección as situacións carenciais ou excepcionais do alumnado que se poideran presentar ao longo do curso escolar, unha vez resoltas as axudas da convocatoria ordinaria, poderán solicitarse axudas con carácter excepcional, debidamente xustificada polos técnicos do Departamento, ante a Comisión de Valoración a que alude a base décimo primeira, e a conseguinte aprobación da Xunta de Goberno Local, sempre e cando cumpran os requisitos para solicitar, acheguen a documentación requirida, reseñen a causa da excepcionalidade da solicitude e exista disponibilidade orzamentaria. Unha vez resolta pasará a formar parte da lista de agarda única froito da convocatoria ordinaria.

Os/as alumnos/as estarán matriculados/as, no curso 2013/2014, en centros públicos ou con concerto  nos niveis de:

·         Educación Infantil (2ª etapa)                                          3 a 5 anos
·         Educación Primaria                                                         6 a 12 anos
·         Educación Secundaria Obrigatoria                                 12 a 16 anos
As subvencións que se otorguen en calquera das modalidades, realizáranse en réxime de concurrencia competitiva.

Os alumnos/as da modalidade B integraranse na lista de agarda existente, froito da convocatoria ordinaria, en función da renda per cápita obtida.

QUINTA.- Compatibilidade

As axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade de organismos públicos ou privados,  agás as que concede o Concello de Vigo a través das FOANPAS e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia para comedor, comprometéndose o solicitante a comunicar e/ou  reintegrar o concedido polo Concello de Vigo, no caso de ter percibida outra axuda

Os alumnos/as tutelados/as pola Xunta de Galicia tampouco poderán acceder as axudas de libros, material escolar e comedor.  No caso de ter axuda de comedor concedida e seren tutelados pola Xunta, esta sería revocada.

SEXTA.- Requisitos

Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas:
·         A unidade familiar deberá estar empadroada  e residir de modo efectivo no Concello de Vigo (a comprobación realizarase polo propio Departamento de Benestar Social).
·         Convivir cos alumnos/as  para os que se solicitan as axudas
·         Con respecto á axuda de comedor débese contar con praza no mesmo, de non ser así aínda tendo concedida a axuda non se fará efectiva.
·         Que os/as alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas estean matriculados ou teñan reserva de matrícula en centros públicos ou con concerto, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
·         Para acceder aos beneficios de conciliación de vida familiar e laboral, os pais, nais, titores ou acolledores deberán xustificar atoparse empregados no mes anterior ao da convocatoria.
·         Ter presentado a solicitude e documentación durante os  prazos estipulados.
·         Que a renda per cápita bruta anual da unidade familiar non exceda do 75% do IPREM, que equivale ao 100% do subsidio básico da Renda de Integración Social de Galicia para o ano 2012, equivalente a 4.792,56 euros anuais. No caso de non existir datos dos ingresos da unidade familiar, computaráse como mínimo familiar o equivalente ao subsidio básico da Renda de Integración Social, 4.792,56 euros anuais.
·         Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estén ubicados no termo municipal de Vigo.
Para os efectos destas axudas entendese por unidade familiar:

a)      A formada polos cónxuxes e os seus descendentes, que convivan habitualmente.
b)      Nos casos de separación legal, viuvez, familia monoparental ou unión de feito sen vínculo matrimonial, a formada polos respectivos titulares cos seus descendentes, que convivan habitualmente.
c)      A formada polo/a posible beneficiario/a e seus acolledores de feito ou de dereito, que convivan habitualmente.
d)     A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico ou outras causas similares, non rompen a convivencia para estes efectos.

SÉTIMA.- Sistemas de solicitude e documentación

a)      Os solicitantes, independentemente de que obtivesen axuda na convocatoria anterior, deberán participar como demandantes de nova convocatoria, para o que subscribirán impreso de solicitude segundo modelo I, asinado por todolos membros da unidade familiar maiores de 18 anos.
b)      Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante, e dos membros maiores de 18 anos.
c)      Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.
d)     Para os/as alumnos/as de Educación Infantil (2ª etapa) que soliciten, libros e material escolar, aportarán un xustificante do centro educativo no que se faga constar que para o curso 2013/14 están matriculados/as ou teñen reserva de matrícula neste nivel educativo.
e)      Para os/as alumnos/as de Educación Infantil (2ª etapa), primaria ou secundaria obrigatoria que soliciten axudas de comedor, aportarán un xustificante do centro escolar no que se faga constar que teñen interés no servizo de comedor para o curso 2013/2014.
f)       Fotocopia da certificación do grao de discapacidade no caso de que algún fillo/a da familia esté afectado/a por ella.
g)      Certificado de empresa, nóminas ou vida laboral, de atoparse en activo no mes anterior o da solicitude dos pais/nais dos alumnos, ou do pai/nai, en caso de familia monoparental, ou titores e acolledores, para valoración de conciliación familiar e laboral
h)      No suposto de resultar beneficiario das axudas de libros e material escolar no momento de recibir o talón presentará factura xustificativa orixinal.

OITAVA.- Formalización de solicitudes

Os/as solicitantes das axudas consideradas nas presente bases presentarán as súas solicitudes  a través do Rexistro Xeral Municipal ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

NOVENA.- Tramitación e subsanación de solicitudes

A instrucción do procedemento de concesión das axudas convocadas, correspóndelle ao Departamento de Benestar Social, que recibirá as solicitudes e comprobará os requisitos esixibles e a documentación acreditativa, e si fora o caso, requerirá para subsanación da solicitude ou documentación perceptiva de acordo co establecido no art. 71.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para que no prazo de 10 días hábiles, enmende a falta ou acompañe os documentos requiridos; informaráselle de que, de non o facer, teráselle por desistido da súa petición, tras a resolución que deberá ser ditada nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

DECIMA.- Criterios de valoración

As solicitudes valoraranse tendo en conta a renda per cápita dos compoñentes da unidade familiar do ano 2012.

1.                  No caso de existir un/a menor na unidade familiar cunha discapacidade recoñecida  entre o 33% e o 65%, este fillo/a computará por dous membros, no caso de que a discapacidade sexa superior ao 65% este fillo computará por tres membros.

2.                  No caso de solicitudes que accedan para conciliación de vida familiar e laboral (emprego dos proxenitores, titores ou acolledores), computaráse un membro máis na unidade familiar.

A lista de concesión farase por orden inverso ao da contía da renda per cápita da unidade familiar, de menor a maior contía. No caso de igualdade de ingresos, concederáse por maior número de membros da unidade familiar.

DÉCIMO PRIMEIRA.- Comisión de valoración

A Comisión de Valoración quedará integrada pola Concelleira Delegada da Área de Política de Benestar, que actuará de presidenta; o xefe de área de Acción Social; a xefa de Servicio de Benestar Social e a técnica responsable do programa. Este órgano colexiado emitirá informe no que se concrete o resultado da avaliación.
           
DÉCIMO SEGUNDA.- Concesión e resolución das axudas
           
O/a instructor/a do procedemento avaliará as solicitudes de conformidade cos criterios e valoración que se determinan na base décima, e fará constar expresamente que da información que obra no seu poder, se desprende que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións. O/a instructor/a do procedemento solicitará unha avaliación previa dos/as profesionais responsables das Unidades de Traballo Social, de considerarse necesario.
           
Rematada a instrucción do expediente, este remitiráselle á Comisión de Valoración establecida na base undécima.

A proposta de resolución conterá a relación na que se indicará todos os/as solicitantes  que participan na convocatoria, os/as alumnos/as, renda per cápita anual, expediente, colexio, curso, concepto (libros, material escolar e comedor), resolución das axudas, co seu estado de concedido, denegado ou lista de agarda.

-          Concedidas.- Reseñarase a subvención individual de cada beneficiario/a, tendo en conta que o importe total das mesmas no poden superar o crédito consignado.

-          Denegadas.- Farase constar algúns dos seguintes motivos :
-          A solicitude foi presentada fóra de prazo.
-          Non aportan a documentación requerida.
-          Non estar empadroados/as.
-          Matriculado nun centro privado sen concerto.
-          Supera os ingresos.
-          O centro non conta co servizo de comedor.
-          O/A alumno/a non está matriculado/a.
-          Por non cumprimento do requisito de excepcionalidade.

-          Lista de agarda: coa sua correspondente orde, por renda per cápita

A Xunta de Goberno Local, a proposta da instructora do procedemento, previo informe da Comisión de Valoración, acordará a aprobación definitiva das subvencións con cargo á partida 2310.4810000 “Becas libros, material escolar e comedor” do  orzamento de Benestar Social Concello do ano 2013 e 2014, por uns importes máximos de 80.000€ para axudas de libros e material escolar  de Educación infantil (2ª etapa) e 912.000 € para comedor do curso 2013/2014.

Logo da aprobación definitiva das subvencións, publicaráse na paxina web do concello e nas UTS a lista de beneficiarios/as, co seu estado de concedido, denegado, ou lista de agarda.

DECIMO TERCEIRA.- Contía , pagamento das axudas e xustificación.

1.- Contía para libros e material escolar

Educación infantil (3, 4 e 5 anos) ........................................ 80,00 € / alumno/a
           
O pagamento destas axudas realizarase dunha soa vez por medio de cheque bancario, tras a presentación de facturas orixinais. Ditos cheques aboaránse no Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo do 1 a o 30 de outubro de 2013.

Nos casos especiais e tendo en conta a situación social da familia subvencionada, o pagamento da axuda, tras a delegación escrita do beneficiario/a, aboaráselle ao/a profesional da UTS ou programa correspondente, que disporá o pago da contía que se subvenciona directamente no establecemento subministrador do material escolar.

2.- Contía para comedor

O prezo da praza de comedor será comunicado polo Centro escolar, previamente deducidas as subvención recibidas ou pendentes de recibir, para a mesma finalidade, ao Departamento de Benestar Social do Concello.

A axuda municipal de comedor, por mes e alumno/a será como máximo de 41 € .
Nos meses de decembro de 2013 e abril de 2014, aboarase o 70% do custo total mensual do comedor, en lugar do 100%,  por ter menos dias lectivos.

A diferencia, de habela, entre o prezo da praza e a axuda municipal deberá ser pagada polo pai, nai ou titor.

3.- Pagamento das axudas de comedor

As axudas concédense ás familias e pagaránse aos centros, que actuarán como entidades colaboradoras nos térmos previstos na Lei 38/2003, xeral de subvenciones, e na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Os  centros asumen o compromiso de xestionar a aplicación dos fondos, de acordo a sua finalidade, responsabilizándose de comunicar as baixas e os traslados dos/as alumnos/as beneficiarios/as ao Departamento de Benestar Social.

4.- Pago á entidade colaboradora e seguemento das axudas.

O pago realizaráse  mediante transferencias  dende a conta habilitada 2080-5000-67-3110242616  do Departamento de Benestar Social á conta corrente que indique cada un dos centros educativos cos que se conveña a  colaboración para a xestión destas axudas.

A xustificación dos ingresos na entidade colaboradora acreditarase mediante o soporte documental da transferencia.

As  propostas de aboamento aos centros educativos faranse de xeito  anticipado  en tres prazos:

  O primeiro, ao longo do primeiro  trimestre do curso escolar, por un importe máximo estimado correspondente ao 40 por 100 do importe correspondiente á resolución definitiva de beneficiarios/as.
  O segundo, no  segundo trimestre do curso escolar, ata completar un importe máximo correspondente ao 80 por 100 de todas as becas efectivamente concedidas para o curso escolar, previo reaxuste das cantidades abonadas no primeiro  pago.
  O terceiro, no  último trimestre do curso escolar, ata completar o 100 por 100 do importe total de todas as becas, en función das necesidades reales satisfeitas nos pagos anteriores e previo reaxuste  da  cantidade concedida nos mesmos.

As direccións dos  centros certificarán a  utilización do servizo de comedor por parte dos/as  alumnos/as beneficiarios/as coincidentes cos  tres aboamentos e a aplicación dos fondos recibidos  ao pago dos  servizos de comedor, achegando ao remate do curso os listados de sinaturas dos pais, nais e/ou titores.

No pago  do segundo e tercer aboamento regularizaranse os correspondentes axustes  debidos aos traslados ou renuncias dos alumnos/as beneficiarios/as,  tendo que reintegrar,  en todo caso as cantidades que correspondan as baixas  producidas e non cubertas con alumnos/as da lista de agarda.

O traslado de centro docente o longo do curso dentro do municipio, non supón para o beneficiario/a, a perda da axuda, sempre e cando, no novo centro exista dispoñibilidade de praza e sexa comunicado ao Departamento de Benestar Social para a súa autorización. O traslado, de producirse, surtirá efectos a partir do primeiro día do mes seguinte.

Se o/a alumno/a trasladárase sen finalizar o mes a outro centro, será a familia a que se faga cargo do abono do comedor.

De producirse baixas entre os beneficiarios/as das axudas escolares de libros, material escolar e comedor, estas serán cubertas por outros alumnos/as, que téndoa solicitada por calquera das modalidades fixadas na claúsula cuarta, atópanse na lista de agarda con menor renda per cápita, independentemente do colexio ao que pertenza, sempre que exista crédito.

DÉCIMO CUARTA.- Reclamacións


DÉCIMO QUINTA.- Obrigas dos beneficiarios/as

Serán obrigas dos beneficiarios/as das subvencións, ademais das previstas nestas bases e convocatoria e das sinaladas no artigo 11 da Lei de Subvencións de Galicia, as que seguen:

  Utilizar o servizo de comedor todo o mes, agás causas xustificadas.
  Comunicar ó Departamento de Benestar Social ou ó centro educativo as baixas.
  O cumprimento das normas establecidas no regulamento interno do centro educativo para o servizo de comedor ao que pertence o alumno/a,  o Consello Escolar do centro poderá adoptar as medidas que crea oportunas. Se a medida adoptada fose a expulsión do servizo de comedor, a axuda suspenderase polo tempo que esta dure.
  O pai, nai ou titor está obrigado/a a asinar os listados  da axuda de comedor no centro escolar no que estea matriculado o alumno/a.
  Ó aboamento por parte do pai, nai ou titor da diferencia, de existir, entre o prezo real do comedor e a axuda percibida.
DÉCIMO SEXTA.- Revocagión e réxime sancionador

a)      No caso das axudas de libros e material escolar, revogarase a subvención concedida cando esta non fora destiñada ao fin para a que foi concedida.
b)      No caso de axudas para comedor, cando o Concello teña coñecemento da ausencia sen causa xustificada dun alyumno/a, por un período continuado de catro días, ou tres alternos no período dun mes, poderá sancionarse coa suspensión temporal ou definitiva para o curso 2013-2014.
A suspensión comenzará sempre o primeiro día do mes e de tratarse dunha suspensión temporal, o reinicio será tamén a primeiros do mes estipulado.
c)      Todas as demáis causas de reintegro que contén o Título II da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
DÉCIMO SÉPTIMA.- Norma final

En todo aquilo non previsto nas presentes bases, serán de aplicación as normas básicas da Lei xeral de subvencións e da Lei de subvencións de Galicia sobre causas de invalidez (artigo 36 LXS e 32 LSG), causas e réxime de reintegro da subvencións (artigo 37 LXS e 33 LSG), réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións e, en xeral, con carácter pleno ou supletorio, no non previsto, a Lei xeral de subvencións e o seu regulamento de desenvolvemento, RD 887/2006, de 21 de xuño; a lexislación básica do Estado de réxime local; a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia; as bases de execución do orzamento do Concello de Vigo para o ano 2013; as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.



Toda esta información está a disposición na páxina https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=112&lang=g