19 de abril de 2013

CRECICLING

CRECICLING


Celebramos o "Primeiro Crecicling" no noso colexio.


  • ¿Que é? Tal e como indica o seu nome "crecer reciclando". É unha reciclaxe de obxectos infanto-xuvenís para segundo uso.
  • ¿Que obxecto ten? Axudar ás familias nestes tempos de crise para adquirir obxectos necesarios a prezos reducidos ou hiperreducidos.
  • VENDEDOR E COMPRADOR: todos colaboramos neste proxecto beneficiándonos del. O vendedor desfacéndose daqueles obxectos que xa non utiliza. E o comprador adquirindo o necesario a módico prezo. Á súa vez publicitaremos este proxecto entre familiares e amigos.
  • REGRA DE OURO: ofrecemos obxectos limpos e en aceptable estado marcando cada obxecto cunha etiqueta co nome do vendedor e o prezo.
  • Exemplos de artigos:
    1. Bebés: coches de paseo, cadeiras de coche, quebracabezas, roupa, xoguetes...
    2. Infantil - Xuvenil: bicicletas, patíns, roupa, quebracabezas....
  • Data límite para inscrición como vendedor:
               -    Antes do 30 de Abril con detalle de relación de artigos e prezo de venda.
               -    Entrega desta circular asinada en caixa de correos da Anpa con nome e nº de teléfono
               -    Recollerase mercadoría até o día 6 de Maio na Anpa
               -    Esta firma será a aceptación das condicións.
  • Organización o día da venda:
Designaranse por sorteo entre os vendedores 2 persoas responsables para a clasificación e venda que contarán coa axuda de membros da Anpa
  •  Taxa Anpa: A partir de 30€ en diante o 10% será destinado á Asociación de Pais.
  • Contacto para dúbidas: Begoña teléf.: 670 361 893