19 de septiembre de 2022



A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) Sárdoma Moledo é unha asociación sen ánimo de lucro, integrada por nais, pais e titores/as legais de alumnos da escola CEIP Sárdoma-Moledo comprometidos coa mellora da educación do alumnado a través da participación na vida escolar da nosa comunidade.


AS NOSAS PRINCIPAIS FUNCIÓN S SON:

• Colaborar co proxecto educativo do Centro.

• Representa-las familias no Consello Escolar.

• Xestiona-las actividades extraescolares, o plan madruga, obradoiros para alumnado e familias, etc.

• Intercambiar ideas, experencias e buscar solucións ós problemas e necesidades do alumnado no centro.

• Informar, asesorar, apoiar, axudar, etc. ás familias en todo o relacionado coa educación do alumnado

• Solicitar axudas e subvencións para os proxectos e actividades do centro.

• Promove-la participación das familias do alumnado na xestión do centro.

• Cooperar con outras asociacións análogas.

• Organización de actividades e festas educativas e culturais.


¡ASÓCIATE!

Polo alumnado e para o alumnado. Xuntas, acadamos moito máis