1 de octubre de 2015

AVISO EXTRAESCOLARES

  MOI URXENTE
 Estimadas familias:                 

                  Nos poñemos en contacto con vos para comentarvos que na actualidade estamos intentando poñer en funcionamento as actividades extraescolares  para este curso escolar. Todos sabemos que o noso colexio non é un colexio  con moito alumnado matriculado isto nos supón vantaxes nunhas cousas e desvantaxes noutras; como consecuencia desta situación estamos tendo problemas para poñer en funcionamento varias delas en primaria pola falta de número de nen@s mínimo.
Dende a  directiva da Anpa queremos mencionar respecto destas actividades:
- Que teñen varios fins como complementar a formación dos nos@s nen@s noutras disciplinas distintas as que teñen durante a xornada escolar, de ahí a variedade da oferta: deportivas, creativas... ou fomentar valores como traballar en equipo, compañeirismo, ser críticos, ...
- Que os prezos de ditas actividades son razoables, na maioría dos casos son 2 horas semanais por 14€.
- A duración é dunha hora tal e como se decidiu na última asemblea.
- Que dende que rematan as 17:30 @s rapaces aínda teñen tempo para divertirse ou facer deberes
- Sabemos que supoñen un esforzo para moitos de nos, termos que desprazarnos ata o colexio para recollelos unha vez rematadas, pero que o facemos porque entendemos que son boas para @s nos@s fill@s.
- e non esquezades que grazas a elas se permite que o colexio teña XORNADA CONTINUA e non partida.
Por todo isto vos solicitamos que reconsideredes de novo se enviades ou non os nen@s as actividades propostas pola Anpa. Se estades interesadas nalgunha que non figura no cadro comunicádenola por se houbera máis xente interesada na actividade e conseguir grupo.
Poñédevos en contacto connosco o antes posible, se é posible mandade un whatssap o 655588911 ou mensaxe.
Grazas pola vosa atención.
A directiva da Anpa.