18 de febrero de 2015

Charla dislexia

Estimados/as Compañeiros/as,

FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.

“DIFICULTADES DE APRENDIZAXE: A DISLEXIA”

Estará impartida por Raquel Escobar, logopeda especialista en dificultades na linguaxe, como é a dislexia.
Nela tratarase este trastorno na aprendizaxe da lecto-escritura (que é, como se traballa cun/ha neno/a con dislexia, etc.).

A charla terá lugar o MARTES 24 de FEBREIRO ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 23 de febreiro.
Pregamos difundades esta información entre as nais e os pais do voso centro para que poidan asistir. Contamos con vós!

Agardamos sexa do voso interese.