13 de noviembre de 2014

Fundación Barrié. Exposición Out to Sea?




VARIOS:

ANUNCIARAVOS que mor vor da climatoloxía decidíuse pospor o magosto da Anpa para o sábado 22 no parque forestal de Beade dende as 16:30 ata as 18:30. Por favor, comunicade na Anpa as persoas que estades interesadas en ir para facilitar a organización. En caso de que o tempo non nos volva a acompañar celebrarase no recinto escolar.

FUNDACIÓN BARRIÉ. EXPOSICION OUT TO SEA? Policarpo Sanz ( o lado da central do Banco Pastor)

Queridos SOCI@S:
Vos propoñemos unha actividade en familia xa que, como  sabedes o noso proxecto titúlase “Formando Cidadáns” por iso intentamos concienciar @s nos@s nen@s do coidado do medio ambiente e vos animavos a participar na exposición OUT TO SEA?.  Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares tódolos días, e pouco a pouco vanse transformando nunha sopa de plástico. A exposición tamén trata do trasfondo do problema e o impacto mortal sobre os mares, os animáis e os seres humans, presentando os plásticos máis utilizados e resaltando aspectos como o consumo, os riscos para a saúde.  Por outro lado, móstranse exemplos dos esforzos para atopar unha solución nos ámbitos local e internacional, como a reducción do seu consumo, o reciclaxe ou a reutilización. A intención é  facernos reflexionar e, en último lugar, actuar.

Conseguimos dous turnos para facer a  visita:
20 prazas o SÁBADO 22 de novembro 12:00 ata as 13:30 para infantil e 1º e 2º de primaria. (Só poderá ir un acompañante por nen@).
20 prazas o SÁBADO 29 de novembro 12:00 ata as 13:30  para 3º,4º, 5º e 6º. (Só poderá ir un acompañante por nen@).
DEBIDO o número reducido de prazas, asignaranse por riguroso orden de chegada o “BUZON DA ANPA” situado o lado da porta do local da Anpa. Gracias



EU PAI/NAI/TITOR LEGAL:....................................................................................................................................................
PARTICIPO CO  MEU FILL@:....................................................................................................................................................
DO CURSO:....................................................A  EXPOSICIÓN OUT TO SEA? DA FUNDACIÓN BARRIÉ.

Asdo


LEMBRAR:

  1. CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA DO CEIP SARDOMA MOLEDO para o vindeiro día 19 de novembro as 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:15h
  2.  REUNIÓN DA EXCURSIÓN DE 6º. O día 19 de novembro as 17:00 horas se vos convoca a unha reunión os pais/nais d@s nen@s de sexto que van ir a excursión de remate de etapa.
  3. Campaña "Cada niño un juguete. Campaña 2014" de recollida de xoguetes . Aqueles que queirades participar podedes entregar os xoguetes no local da Anpa dende o 1 de novembro ata o día 15 de decembro do 2.014.
  4. Camisetas do movemento “ComeECala”, son de 5€ a unidade hai varias tallas. Facede o pedido antes do 20 de novembro.