16 de junio de 2014

Excursión de fin de curso o Parque Natural da Barosa

 
Estimados pais/nais:
Un ano máis remata o curso e para celebralo vos convidamos a esta EXCURSIÓN de pais/nais e fillos  que nesta ocasión nos acercaremos ó PARQUE NATURAL DE BAROSA no Concello de Barro, o domingo 22 de xuño .

Galicia posúe dentro do seu territorio espazos naturais cun gran patrimonio medioambiental e etnográfico. O espazo Natural  de Barosa constitúese como un perfecto exemplo deste patrimonio galego, xa que nel conviven elementos tan importantes como a flora, a fauna, a auga, a fervenza, os muíños e a tradición cultural galega. Estes elementos fan de Barosa un lugar excepcional para que os/as nenos/as aprendan xogando coa natureza e coa tradición galega, mediante a aprendizaxe práctica de temas como o funcionamento dos muíños,  a importancia da auga, o coñecemento dos animais e plantas do parque, etc… 


PROGRAMA :

9.00 REUNIÓN DE TODOS DIANTE DO COLEXIO. 

9.30 SAÍDA DOS AUTOBUSES.
 
10.30 A CHEGADA O PARQUE  realizarase unha visita etnográfica para os nenos/as. O que pretendemos con esta visita etnolóxica e que os nenos do colexio aprendan como funcionan os muiños, a súa historia, e explicación do entorno de Barosa.
 
12:00 Ruta de sendeirismo : En Barosa temos a ruta de sendeirismo (PR-G 105) de dificultade media. Para nenos a partir de 7 anos.
14:00 COMIDA (Cada familia leva a súa).
Tarde libre con diversión para os nenos/as.
 
19:00 Retorno para Vigo.
 
20:00 Chegada ó colexio.
 
PREZO POR PERSOA 10€/ socios ANPA e 15€/ non socios Anpa. a pagar no local da Anpa. (O prezo inclúe bus ida e volta e os monitores para a visita etnolóxica para os cativos/as e tamén o guía para a ruta, e unha unidade didáctica para os nenos/as).

DATA LIMITE DE PAGO MERCORES 18 DE XUÑO NO LOCAL DA ANPA.          ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR