22 de mayo de 2014

Comida Protesta - Non o decreto de comedores




Estimados pais/nais,

Todos sabemos que o comedor do noso colexio é un elemento fundamental para a súa supervivencia. Os acontecementos ocorridos  o longo deste curso escolar deixa claro que o Decreto que está en Vigor non é o Decreto que necesitan os centros educativos.

Un decreto que impón pagar altas tasas por un servizo que ata agora tiñamos gratuito, un decreto que posibilita que pais/nais coiden dos nosos nenos/as soportando sobre a súa persoa a enorme responsabilidade de acontecementos que poideran ocorrer nunha xornada normal de comedor, un decreto que permite cos pais/nais aportemos diñeiro para acabar cubrindo as carencias que non cubre a Xunta, un decreto que implica un  recargo de traballo para os equipos directivos...

A conciliación da vida laboral e familiar que dende o mundo político pretenden  "vender"  pasa porque os centros educativos oferten servizos que permitan  esa conciliación de maneira real, sendo imprescindible o servizo de comedor, que en moitos casos é xestionado por pais/nais gracias a súa boa vontade invertindo tempo e diñeiro , cando é un servizo que debería xestionar a Consellería e o final recárgase nas familias  con ameazas de privatizar este servizo.

O comedor é elemento integrador do colexio, que permite unha alimentación equilibrada, sana e de calidade a parte de ser un espacio no que tamén se educa os nosos  fillos/as.

Por todo isto queremos promover a DEFENSA do NOSO COMEDOR, e ir en contra deste Decreto. 

Así, convocámosvos a unha COMIDA PROTESTA o vindeiro Sábado 14 de xuño ás 13:00 horas nas Praza da Estrela (Vigo), para que toda a comunidade educativa poida participar. Cadaquén levará a súa comida e bebida.

Ademais, pedímosvos que levedes briks baleiros de leites, zumes, con mensaxes protesta co obxectivo de construír unha muralla, o “Muro da vergoña”.


Para unha mellor organización nos gustaría saber quen quere participar e agradecer a vosa colaboración :
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
EU .............................................................................................
pai/nai de:.............................................................................. do curso..................
 penso asistir a concentración o vindeiro día Domingo 14 de xuño a Concentración contra o Decreto de Comedor.