17 de enero de 2013

Terapia con Cans

FOANPAS en colaboración con RAMALLADAS e a través do Concello de Vigo, vai poñer en marcha un programa de intervención dirixido a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

É unha terapia con cans de 11 meses de duración (de febreiro ata decembro) na que se fixan obxectivos específicos para cada neno/a. Estes traballaranse en sesións de 20 minutos, nos que o/a neno/a estará coa terapeuta e o can a soas.


O número máximo de rapaces/rapazas é de 6-8, polo que se realizará un estudio de cada caso para optimizar a terapia.


Pregamos faciliten esta información ás familias da súa ANPA.


Máis información en FOANPAS a través do teléfono 986 29 88 12 (en horario de 9:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas) ou do correo electrónico foanpas@foanpas.com


Un cordial saúdo.