EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA SOCIOS DA ANPA
Benqueridas
familias:
Como tódolos anos, queremos celebrar o remate do curso
escolar realizando unha excursión familiar. Gozaremos duna xornada familiar e
de convivencia con todas as familias da escola; un xeito de coñecernos mellor e
pasar tempo cos nosos fillos e os seus compañeiros e amigos.
Este ano, a excursión está programada para o sábado día 10 de
xuño, e visitaremos o AQUAPARK localizado
en Cerceda (A Coruña), a 133 km de
Vigo; estimamos unha viaxe de 1 h 30 minutos. Igual que en anos anteriores, o
punto de saída será a escola ás 9:00 da mañá. A hora prevista para o regreso será
sobre as 19 h.
O servizo de autobús será gratuito e estará xestionado tamén
pola ANPA, que dará prioridade ás familias socias que no dispoñan de vehículo,
por estricta orde de reserva. A comida correrá a cargo das familias.
O
custo das entradas para acceder ó Aquapark, non poderá ser costeado pola ANPA,
pero si nos realizarán un desconto do 20% sobre os prezos habituais:
Adultos: 9,00 € - 20% = 7,20 €
Alumnado de
5-12 años: 6,00 € - 20% = 4,80 €
Alumnado de 0-4
años: 0,00 €
Ademais, ó ter as entradas reservadas o acceso é directo, sen
colas nin esperas.
Animádevos a reservar a vosa praza o antes posible, coa fin
de ter unha boa coordinación e conseguir que esta xornada sexa un éxito. E para
calquera dúbida ou consulta, podedes contactar connosco a través do móvil da
ANPA, Whatsapp, correo electrónico, ou directamente cos membros da xunta
directiva no propio local da ANPA.
Tras cubrir a
solicitude de reserva, facédela chegar á ANPA, ben por medio do buzón da entrada do
local, ou ben entregándoa ós membros da xunta directiva.
……………………………………………………………………………………………………………………………………
A familia
……………………………………………………………………………………………………………………………………………….….. con alumnado no/s
curso/s ………………………………………………..…………………………………….. asistirá á excursión de fin de
curso. Seremos en total ……………. adultos e ……………… nenas/os, coa/s idade/s de
………………..… ..……………………………................. Teléfono/s de contacto
……………………………………………………………………………
*Lembrade
que a ANPA subvenciona só o transporte en autobús, e que tanto a entrada como a
comida corre a cargo das familias (normalmente levamos cousas da casa para
facer picnic, pero tamén hai cafeterías con servizo de comidas no Aquapark para
quen o prefira).
EXCURSIÓN FIN DE CURSO, PARA ALUMNADO ASOCIADO Á ANPA
Queremos aclarar ás familias, que
esta é unha excursión para o alumnado da escola asociado á ANPA.
Convidamos tamén a irmás/irmáns e demáis familiares, pero estas persoas terán
que pagar un recargo por persoa*, en caso de que fagan uso do servicio de
autobús.
* O recargo será de 8 € por persoa
para familiares (excluindo nais e pais), que queiran facer uso do autobús. Todos os pagos realizaránse antes do
xoves 8 de xuño na conta do ANPA : ES43
2080 5087 6030 4001 4074
En calquera caso, se non houbese
dispoñibilidade de prazas no autobús, daráse prioridade primero a pais, despois
a irmáns e despois ó resto dos familiares (priorizando ás familias que non
dispoñan de vehículo propio).
Agradecemos a comprensión das
familias a este respecto. A ANPA organiza esta excursión, para pasar un día en
familia co resto da escola; pero sobre todo para agradecer especialmente ás
familias socias o apoio, a comprensión e as suxerencias que nos brindades
durante todo o curso.
Aproveitamos para lembrarvos que a
directiva da ANPA traballa, no seu tempo libre e de maneira desinteresada,
durante todo o ano, para que o alumnado e a súa familia teña cubertas todas as
súas necesidades (plan madruga, extraescolares, xornadas, obradoiros) Por só 15 € anuais por familia,
Graciñas
pola vosa comprensión e apoio.